|
|
|
Antonio García García
Lugar de nacemento: Bretoña (1928).
Profesión: Profesor Biografía: Cursou estudios eclesiásticos en Chipiona (Cádiz) e de Dereito en Roma, perfeccionando a súa formación en EEUU, Alemaña, Inglaterra e Francia. Doutor en Dereito Canónico. Desde 1959 é Profesor da Universidade Pontificia de Salamanca, ademais de doutor Honoris Causa polas Universidades de Siena e Lisboa. Dirixiu a un grupo de especialistas na preparación dun Synodicon Hispanicum, que vén sendo unha edición crítica dos sínodos diocesanos. Membro da Academia Senese degli Intronati, da Academia Portuguesa da Historia, da Academia Portuguesa de Ciencias e da Academia de Ciencias de Toledo. Concedéronlle o Premio Internacional Galileo Galilei, Pisa en 1994 e o Premio de Humanidades do Goberno de Castela e León en 1995. |
|