INTRODUCIÓN
Nestas terras nace o río Miño, un dous ríos máis emblemáticos e caudalosos de Galicia. Oficialmente o Miño xorde da lagoa de Fomiñá e para corroborar este feito, no lugar do nacemento, atopámonos cun cruceiro e un monumento dedicado. Esta paisaxe é un bo comezo para familiarizármonos coa beleza da Pastoriza. O contorno natural deste concello invita á práctica do sendeirismo, á bicicleta de montaña e ós paseos a cabalo. A mellor forma de contactarmos coas xentes e coa paisaxe deste medio natural é percorrendo o territorio. Entre as numerosas rutas e excursións destacamos: -Camiño de Santiago: Ruta da Costa. -Fomiñá, nacemento do río Miño. -Visita á igrexa de Bretoña e ós restos da antiga basílica e sepulturas paleocristiás. -Visita á fonte milagreira do Santo, na capela de San Isidro (Saldanxe) e a de San Xulián.
|